Benvida a Cyclos

¡Benvida á aplicación da Sabia!


Dende aquí podes rexistrarte ou acceder ao programa dende o que podes consultar as ofertas, publicar novas ofertas, consultar o teu saldo, facer transaccións e moito máis.

Na marxe superior dereita tes a opción de rexistrarte se é a primeira vez que utilizas a moeda ou acceder se xa tes un usuario e contrasinal.

Recoméndoche usar un xestor de contrasinais como este (https://clipperz.is) para non ter que recordar moitas contrasinais diferentes, e sobre todo recoméndoche elexir un código de usuario (nome de usuario) sinxelo, xa que o terás que recordar e escribir cada vez que queiras acceder e srá a forma máis sinxela que terán outras usuarias de atoparte.

En caso de ser unha tenda ou comercio con local propio inclúe unha dirección para aparecer no mapa.

Se eres unha persoa individual non é preciso nin recomendable que poñas a túa dirección persoal por unha simple cuestión de privacidade.

É importante que poñas o teu teléfono móbil xa que é a maneira máis sinxela de contactarte. Tamen engade o teu correo electrónico. De todas maneiras a aplicación permite realizar mensaxes entre usuarias así que se o desexas podes deixar os campos de telefono e correo-e en branco.

Unha vez que estes rexistrada podes descargar a app Cyclos 4 (Android e Apple) e introducir communities.cyclos.org/ASabia para utilizar a Sabia convenientemente dende o móvil.
Máis información
Se queres saber máis sobre este proxecto visita a nosa web:
http://asabiacompostela.wordpress.com/

e ponte en contacto con nós:
ASabia@protonmail.com